A medida campo-futbolera

Os campos de futbol, ademais de ser un sitio onde cada fin de semana se reunen afecionados de diferentes equipos, convertiuse nun tempo a esta parte nun novo valor do sistema internacional de medida, cando algo é moi grande, moi longo ou simplemente conta cunhas dimensións dificilmente imaxinables tiramos do recurso doado dos campos de futbol, pero eu fago a seguinte pregunta, ¿canto mide un campo de futbol?

 Para facer as cousas máis sinxelas e que os extremos non sexan demasiado extremos imos tomar como mostra os campo dos 20 equipos que militan nesta tempada, a 2014-2015, na primeira división do fútbol español, unha simple visita á Wikipedia danos como resultado o seguinte cadro:

Táboa campos fútbol

Tan sinxelo como botarlle unha ollada ao cadro para saber que un campo de fútbol non mide o mesmo en Vigo que n’A Coruña, e isto aplicado a todos os campos de primeira división danos datos como que entre o campo máis pequeno e o máis grande hai unha diferenza de 1060 metros cadrados. Ademais temos que a medida que máis se repite son os 105*68 metros que correspondería a 7140 metros cadrados, algo que de ser considerado como a medida oficial levaríanos a ter un erro de practicamente o 3% respecto aos dos dous grandes equipos da Liga, o Barcelona e o Real Madrid, un 9% respecto ao máis pequeno e un 5’88% respecto ao máis grande, e así un sin fin de incoherencias que vos animo a que atopedes na táboa.

Ante tanto despropósito está claro que un campo de fútbol non mide sempre o mesmo, incluso, se consultades a wikipedia, descubriredes que as variación poden ser aínda maiores. Eu dende aquí quero propoñer algunhas alternativas que se manteñen sempre fixas non importa onde vaias como por exemplo unha pista de atletismo, cuxo arco interior que corresponde coa rúa 1 será sempre de 400 metros, coa única excepción das pistas cubertas, ou as piscinas olímpicas, que sempre será de 50 metros de largo. Evidentemente non son as mellores alternativas porque a mellor alternativa será sempre usar os sistema de medida internacionais, pero a ver se polo menos así imos desfacéndonos dos imprecisos campos de fútbol.