As opcións para o teu podcast (Actualizada 15/10/2014)

Fai nada comezamos o noso podcast, Alt-P, que podedes atopar na sección que temos preparada e acondicionada para el en exclusiva. Fai un tempo xa falabamos por twitter uns cantos do podcast e de onde é mellor aloxalo, nós escollemos iVoox pero as opcións son múltiples e axústanse aos requirimentos de cada usuario, aquí vai unha lista das principais características e diferenzas de cada un dos servizos:

Spreaker

Comezamos por Spreaker, moi usada por grandes podcaster en España, como é o caso de Emilcar ou dos rapaces de Metrópoles Delirantes, aínda que esta tempada xa cambiaron de servizo aínda que esta tempada usan tanto Spreaker coma iVoox. Spreaker é unha compañía italiana con base en San Francisco. Este servizo ven bastante limitado de partida xa que sen pagar ningún tipo de plan verémonos limitados a 30 minutos de retransmisión en directo, 10 horas de espazo de audio, estadísticas básicas e anuncios no noso recuncho, algo que normalmente é o de menos xa que unha vez subido o audio utilízanse outros medios para escoitalo. Se pasamos aos plans de pago temos o seguinte cadro:

Spreaker

O certo é que Spreaker de balde queda moi atrás de outros servizos, así por exemplo, se o que queremos é retransmitir en directo temos Mixlr como unha gran opción, xa que de partida e sen ter que pagar nada teremos opción de facer directos de ata unha hora e incluso poderemos gardar máis de 10 horas de audio que fora previamente retransmitido. Unha das cousas que si que fai ben Spreaker é dar posibilidades coas súas aplicacións, a principal é a posibilidade de introducir unha intro previamente feita nas nosas gravacións.

 

iVoox

O grande do sector, un servizo nacido en España e que dende cero nos dá multitude de servizos como o almacenamento e transferencia ilimitados ou un máximo de dúas horas de podcast. A única pega que se lle pode poñer a este servizo é que non permite facer podcast en directo e que de novo nos atopamos de fronte coa publicidade, pero evidentemente de algo teñen que vivir.

iVoox

Interesante tamén ver como o plan de prezos é moito máis barato e asequible que no caso de Spreaker, coa excepción dos podcast en directo, e aínda así a opción de Mixlr segue sendo un referente neste sector.

 

Mixlr

Tanto falar de este servizo que tiña que aparecer si ou si nesta lista aínda que como vos dicíamos antes, este non é un servizo pensado para subir o voso audio e espallalo pola rede senón que está pensado para facer os vosos programas en directo, para isto conta con aplicacións para Windows, OS X, Android e iOS que funcionan como un pequeno estudo de 3 pistas coa posibilidade de engadir os audios externos que nos queiramos tendo un límite de unha hora para a conta básica e cuns plans como seguen:

Captura de pantalla 2014-09-15 a la(s) 17.07.34

O certo é que o plan básico é bastante limitado xa que ademais da hora antes descrita precisaremos un servizo externo como Dropbox para poder baixar os audios xa que non permite a descarga directa, cousa que entra dentro do plan Premium. Polo resto temos que as limitacións van fundamentalmente dirixidas ao tempo de emisión en directo, o normal nun servizo coma este.

 

WordPress

Unha das opcións que pode ser moi sinxela para a maioría é utilizar un sitio feito con WordPress como centro de operacións do noso podcast. Antes de nada lembrade distinguir entre wordpress.com, moito máis limitado, e wordpress.org, que estará necesariamente asociado a un hosting da vosa propiedade, o que vén significando gastos. No primeiro dos casos o espazo co que contaredes de partida e de forma gratuíta son 3Gb, algo escaso para a maioría dos casos, de todas formas se vos animades a probar esta forma aquí tedes unha guía e a táboa de prezos e servizos:

Wordpress.com Podcast

No caso de que vos vaiades a WordPress.org e os gastos que isto supón teredes que considerar o espazo que tedes contratado no voso hosting antes de realizar ningún trámite. Se vos animades déixovos por aquí a guía que dende o propio WordPress.org fixeron para guiarvos polo proceso.

Archive.org

O gran arquivo de audio na rede aberto, como non podía ser de outra forma, ao mundo do podcast. Aínda que é o sitio con menos limitacións no que respecta a espazo tamén é o menos amigable e o máis lioso, é pouco amigable porque unha vez subido, que non é un proceso tan sinxelo como noutros servizos, teremos que encargarnos nós mesmos de crearlle un feed o cal compartir con outros servizos, como iTunes e iVoox, onde se atopa a gran maioría do público ao que nos diriximos. Ademais de isto temos que ter coidado con que todo o noso contido estea libre de dereitos de autor, cousa que temos que coidar en todo momento pero especialmente con este servizo. Poderíamos dicir que este é un servizo perfecto para aqueles co tempo e a maña suficiente para traballar con el.

 

Soundcloud

Actualmente en beta podedes solicitalo e ver a información dispoñible na súa web.


Actualización 15/10/2014

Mixcloud

Actualizamos a lista con novos servizos aos que chegamos grazas a Uxío de Commons baby!. O primeiro de eles Mixcloud, un servizo con moi boa pinta pois de primeiras e sen necesidade de pagos acheganos un espazo sen límites de ouvintes ou de audio subido; a pega da opción gratuíta é coma sempre os anuncios dos que vos podedes librar pagando, aquí tedes o plan de prezos:

Mixcloud

Un dos puntos a destacar deste servizo é sen dúbida o gran número de aplicacións e servizos que ten asociados, aquí tedes a lista completa, onde por exemplo podedes unir Mixlr, para facer directos, e a vosa conta en Mixcloud onde aloxar todo o que emitades. Bótadelle un ollo á lista porque de seguro que levades algunha sorpresa, como por exemplo, Facebook.

 

Podigee

Por último temos este servizo de orixe Alemán que, para que negalo, está algo limitado. Podigee ten un plan gratuíto que nos permite subir ata 60 minutos ao mes e de elexir a calidade dun dos audios que subades. Conta cuns plans mensuais que comenzan nos 8€, algo caro comparado coa competencia e que evolucionan tal e como tedes a continuación:

Pedigee

En xeral e se so temos en canto os plans vemos que é un servizo limitado e moi dirixido a xente que queira facer podcast curtos e moi concretos, a parte positiva de este servizo é que se encaixas na descripción anterior contarás con múltiples servizos engadidos que lle farán a vida máis doada, como istos:

Servicios Pedigee

 

Ademais do plugin para WordPress que nos comentaba Uxío por Twitter e que aínda se atopa en beta. Un alternativa máis para subir e compartir o teu podcast co mundo.

This article has 2 comments

  1. Pingback: Alt-P |