Gotta catch ‘em all
Este artigo publicouse orixinalmente na revista Tempos de maio do 2016

O 27 de febreiro de 1996 Satochi Taijiri presentaba ao mercado xaponés o videoxogo no que levaba máis de 5 anos traballando, Pocket Monsters Aka e Pocket Monsters Midori era o resultado de moito esforzo, de anos de dedicación e de colaboracións, como a de Shigeru Miyamoto, ao que moitos coñeceredes por ser o creador de Mario.

Pese ao traballo que había detrás, e como ocorre en moitos casos, Pocket Monster non alcanzou as ventas desexadas no seu primeiro ano de vida, aínda así, e tras ter alcanzado a simbólica cifra do millón de copias vendidas en 1997, e tras ter que adaptar o nome para que non coincidise cunha serie de Mattel, Pokemon daría o salto a occidente coas versións Azul e Verde, que deixarían a Vermella que vira a luz un ano antes, como exclusiva para Xapón.

PikachuA idea detrás de Pokemon era moi sinxela, capturar e entrenar o maior número de pokemon, competir contra os líderes dos 8 ximnasios das diferentes cidades e ter acceso á liga Pokemon, onde loitar polo título de maestro pokemon. Aínda que esta idea era moi sinxela co tempo veríamos como facerse cos mellores pokemon e entrenlos non ía ser unha tarefa doada, e moito menos facernos cos 151 pokemon que compuñan esta primeira xeración.

Centos de horas percorrendo o mapa en busca de cada pokemon, horas e horas nas que loitar para mellorar as habilidades e facerse un oco para chegar ao máis alto. Un xogo no que máis aló do obxectivo principal estaba a historia e a comunidade, e con esta todo o coñecemento que se transmitía de boca en boca. Os patios dos colexios foron un bo lugar onde ver esta cultura florencendo, non era raro ver intercambios de pokemon ou rapaces teorizando sobre secretos do xogo. A ausencia de internet e o complicado que era dominar o xogo conseguiron crear dende aquel entón unha comunidades inigualable.

Pero se algo acabou de decidir o paso de ser un videoxogo RPG (role play game) mais, de apenas 370 kb a convertirse no universo que é agora, foi a chegada da serie animada ‘Pokemon: Hazte con todos’. Esto supuxo sen dúbida un punto de inflexión para toda esa cultura florecente que víu como o seu pequeno mundo pasaba a estar en todos os fogares. Ash Ketchum e o seu pokemon Pikachu souberon mellor que ninguén encher as eivas que podía ter o xogo.

Despois disto, o resto víu dado, 18 películas, 5 series cun total de 19 tempadas e máis de 230.000.000 copias de 34 títulos para 9 consolas distintas, aos que se lles sumarán dúas novas entregas este mesmo ano coas edicións Moon e Sun, son algo que celebrar 20 anos despois.