No man’s sky
Este artigo publicouse orixinalmente na revista Tempos de febreiro do 2017

Para falar de No mans sky temos que falar de todo o que pasou antes de que este xogo do modesto estudio británico Hello Games vira a luz a finais de agosto do pasado ano. No mans sky era presentado publicamente por primeira vez en decembro do 2013 como un xogo independiente con grandes aspiracións que chamaron a atención de todos xa naquel momento e que se viñeron fortalencendo e agrandando segundo máis nos íamos achegando a data definitiva de saída.

Xeración procedural da galaxia e un número case infinito de planetas, animais e plantas que nomear e catalogar eran dúas das máis aclamadas características deste xogo, pero non as únicas, a posibilidade de craftear e crear novos obxectos, a mellora continua da nave, o traxe e a nosa arma, a historia detrás dos restos de antigas civilizacións que unha vez estiveron nesos planetas e que agora nós descubríamos por primeira vez e as relacións con outras razas alieníxenas eran algúns dos motivos polos que moita xente, entre a que me inclúo, se lanzou sen pensalo dúas veces a mercar o xogo días e incluso meses antes da súa saída.

Como era de esperar, manter e cumplir as expectativas a tan alto nivel foi imposible para este estudio de Guildford, e iso que nos seus últimos meses de desenvolvemento contou coa axuda da mesmísima Sony, no que foi o derradeiro intento de evitar, ou canto menos absorver na medida do posible, o choque ao que se ían someter o día de saída.

Unha vez os ávidos xogadores puideron poñer as súas mans neste xogo que levaban anos agardando as críticas e queixas sucedéronse no que se pode catalogar como unha das saídas máis accidentadas no mundo dos videoxogos que se lembran nos últimos anos. Pero se sodes capaces de mirar máis aló destos feitos hai espazo para emocionarse.

No mans sky é un xogo de exploración, de investigación e de descubrimentos. Pode que non sexa todo o que se mostrou e se prometeu, pero ten moito contido que te pode sorprender. Dende o principio, cando nos atopamos no noso planeta de orixe onde nos explican que facer neste basto universo, como conseguir materiais, coñecer cales son os importantes, como moverse de un planeta a outro e como saltar de sistema planetario cando o desexemos, o xogo mostra o gran abanico de posibilidades que nos brinda, xa non só polos tres fíos de historia entre os que podemos elexir, senón tamén pola liberdade que nos dá para explorar un universo de 18 quintillóns de planetas.

Se a exploración espacial e a recolección non son dous aspectos que máis che interesan deste xogo pode que atopes a monotonía en poucas horas, máis se che gusta buscar novos planetas, poñerlles nome ás especies e mellorar o teu arsenal ata o seu límite atoparás neste xogo un entretemento para anos que che deixará momentos sensacionais. Non podemos esquecer que Hello Games segue traballando introducindo novos contidos e mellorando as bases do xogo, creando o que para min é un dos xogos de exploración espacial arcade dos últimos anos.