Blackbird

Blackbird é un traballo que parte como inspiración do póster de Man of Steel, un póster que ten unha adaptación moi sinxela a Pixelmator, tan só é preciso recortar o trazo co lápis e manter a cor como branca. Despois collemos o cubo de pintura e aplicamos un azul oscuro. Tomando a forma rectangular da ferramenta de formas coa cor branca debuxamos a estela que para que de unha sensación de máis velocidade está composta de dous trazos en cada un dos propulsores. Engadimos un borde branco á composición coa mesma forma rectangular anterior cun ancho de 50px. Finalmente coa ferramenta de efectos engadimos ‘fuga de luz’ co efecto nebula cun 100% de cantidade e un 65% de efecto sol.

Este deseño pódese usar para múltiples obxectos como a reprodución do poster de Man of Steel ou avións, como é este caso.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *