Ensaio deseño

 

Con todo novo proxecto ou idea vén unha nova imaxe a través da cal pretendemos facer chegar ao noso público unha idea, un concepto ou un pensamento que lles axude a relacionar a imaxe co que se van atopar. No caso de este blog o logo responde a primeira letra do nome Alt-G que ao mesmo tempo é a primeira letra do meu nome, xa que ao fin o proxecto nace como un proxecto unipersoal. Este feito viuse claramente reflectivo no deseño da imaxe xa que esta parte da miña forma de escribir a letra a maiúscula ao comezo do meu nome, de aí parte a idea que como vedes vai evolucionando ata chegar ao logo final. As cores buscan ser un contraste suave refrido ao contraste de contidos que se poden atopar no blog.

 

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *