Twitter, un mundo demasiado adaptado a nós

Hoxe en día quen máis e quen menos xa ten unha conta en twitter, esta famosa rede social, ou rede de microbloging, algo que tamén dá para unha boa discusión, conta cada día con máis adeptos e polo tanto cun maior número de puntos de vista, de temáticas e de ideas que todos os días se dan cita. Esto que dende o punto de vista de un observador externo pode ser visto como algo bo ao final non suma nin resta no uso real.

Evidentemente, e como debe ser, opinións sobre o que vou comentar agora vai haber milleiros, e iso sen contar cos innumerables casos particulares, pero o que pretendo dende aquí é dar a miña opinión sobre o que se está covertendo hoxe esta rede social. Como vos comentaba anteriormente todo o mundo ten conta nesta rede e algo que fai toda esta xente ao entrar nesta rede é buscar a amigos e coñecidos que xa se atopan na mesma. Esta parte para min sería a máis aberta á entrada de ideas exteriores e que non coincidan tanto coas nosas, pero a partir de aquí, e con contadas excepcións, comeza esa adaptación na que falo no título.

Do que falo é que ao final en Twitter non seguimos a xente se non nos gusta o que di, se non nos sentimos relacionas ou representados cos temas que tratan ou co seu punto de vista respecto á realidade económico-social que estamos vivindo, non coñezo a moito xente que lle guste enfadarse lendo como a xente di cousas que para el non son certas ou correctas, e esto ao final xera un círculo no que parece que todo é como nós o imaxinamos e que estamos no certo, ou case, en practicamente todo o que dicimos.

E vós diredes: “Vale, xa o sabemos e o queremos así. Que ten de malo?” Pois xusto ese é o punto ao que quero chegar, é esto bo? Ao igual que todos os días escoitamos, xa sexa de forma indirecta ou directa, o que se di en medios que non son da nosa corrente de ámbitos que nos afectan non sería tamén interesante coñecer este punto de vista nunha rede tan ampla como é Twitter?E de ser así, como escollemos a esa xente? Evidentemente non podemos seguir a grandes figuras da ideoloxía oposta pois este dirán basicamente o contrario sen grandes argumentos, e nós, ou polo menos eu, o que buscamos é un razonamento de ese pensamento, ao igual que o facemos nós do noso.

En xeral, e como resumo eu preguntaría, é Twitter, ao igual que o poden ser outras redes ou blogs, unha forma de buscar a seguridade no que dicimos? Porque non buscamos outros puntos de vista? Pensamos que temos o único razonamento lóxico e plausible?